"Cualificar Cuba de Estado Promotor do Terrorismo, como vén de anunciar o goberno en despedida de Trump, é, en si mesmo, un acto terrorista dunha presidencia violenta e fracasada, contra un país ao que sucesivos gobernos da Casa Branca condenaron ao infame castigo colectivo do bloqueo, medida prohibida pola ONU e expresamente condenada nos Acordos de Xenebra", indica la Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil en este comunicado.


É Cuba quen pode reclamar por terrorismo ao goberno de Washington

Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

É Cuba quen pode reclamar por terrorismo ao goberno de Washington por ter sido obxecto de atentados e violencia organizada por terra, mar e aire de parte de doce presidentes dos EUA.

Cuba ten memoria viva das accións violentas contra persoas e patrimonio de seu, organizadas polo imperio, e da protección que sucesivos presidentes dos EUA aseguraron aos criminais executores. Accións terroristas que tomaron por veces forma de guerra biolóxica, de secuestro de persoas ou de ataques con arma de repetición, coma o lanzado 30 de abril pasado contra a Embaixada de Cuba en Washington.

Lembremos que o uso da violencia contra Cuba foi repetidamente defendido coma recurso necesario para corrixir o que a dirección imperial consideraba na súa arrogancia un extravío da democracia. O imperio dá leccións pero recusa verse no espello da súa violencia contra o mundo e, desde o pasado dia 7, contra o seu Templo da Lei, o Capitolio, nun ataque terrorista lanzado polo mesmo presidente Donald Trump.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil recusa esta abusiva reinclusión de Cuba na comisaría imperial contra o terrorismo de parte dun presidente que parece querer vingarse do seu propio procesamento por terrorismo, iniciado cando mal lle queda unha semana no cargo.

Vergoña para un goberno imperial delincuente que ousa acusar a Cuba de terrorismo!

Respecto para Cuba!

Viva Cuba independente e socialista!

Contra Cuba
Bruselas, 24 abr (Prensa Latina) Cuba y la Unión Europea (UE) sostuvieron hoy aquí su cuarto Diálogo sobre Medidas Coercitivas Unilaterales, encuentro en el que la isla denunció el recrudecimiento del bloqueo que le impone...
Cubana de Aviación bloqueada en Argentina Cubana de Aviación debió cancelar vuelos en Buenos Aires ante la negativa de las petroleras de venderle combustible Por Alejo Marcigliano Cuba en Resumen “Ante la abrupta neg...
Lo último
La Columna
La Revista