Cubainformación / Fotos: Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- Na fría mañá do sábado 28 de xaneiro conmemorouse en Pontevedra o 170 aniversario do nacemento de José Marti.


Co apoio do concello de Pontevedra e do Consulado de Cuba en Santiago de Compostela, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil convocou este acto a nivel nacional, cunha nutrida asistencia que acudiu desde diversos puntos do país.

Foi conducido por Luisa Cuevas Raposo, en nome da asociación, que reivindicou non só o carácter conmemorativo da actividade senon tamén a solidariedade con Cuba e o se dereito a desenvolver un proxecto político, social e económico propio, o que está a ser impedido polo tremendo bloqueo norteamericano, polo que apuntou que a solidariedade segue a ser mais necesaria que nunca. Tamén denunciou o bloqueo informativo e aproveitou para facer un chamamento a visitar e difundir as páxinas terrasenamos.org (da asociación) e cubainformacion.tv (do movemento de solidariedade con Cuba). Por último, fixo un chamamento a asociarse como forma de apoio ao movemento solidario con Cuba na Galiza.

En primeiro lugar interveu Anabel Gulías Torreiro en nome do concello pontevedrés, que manifestou o seu compromiso coa causa cubana e o desexo de que algún día os pobos cubano e galego poidan vivir libres sen inxerencias.

Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta, e sempre solidario con Cuba, leu os “Versos sencillos”.

A continuación, Erea del Río Iglesias, Presidenta da Asociación, interveu explicando a difícil situación cubana no 2022 con varias catástrofes tras a pandemia e como durante a mesma os EEUU implementaron novas medidas para facer ainda mais duro o bloqueo.

Charo Lopes, poeta, xornalista, activista do feminismo e do independentismo, leu unha carta de Martí na que fala da necesidade da educación, sobre todo nas nenas, para formar persoas libres.

Por último, interveu Annabel Lafargue Wilmoth, recentemente nomeada cónsul cubana na Galiza, quen glosou a figura de José Martí.

Despois fíxose unha ofrenda floral e pechouse o acto con “Os gaiteiros das Rías Baixas” que interpretaron os himnos cubano e galego.

Solidaridad
Cubainformación.- El sábado 18 de marzo, el Mercat Vell de Mollet del Vallès (provincia de Barcelona), se llenó de personas interesadas en la proyección de la película Sergio & Serguéi, del directo...
Cubainformación.- El sábado 18 de marzo tuvo lugar la inauguración de la exposición de todo el alumnado que participó, hace un año, en los primeros talleres que impartió la fotógrafa Ingrid Baer...
Una jornada organizada por la Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí y la Intersindical Valenciana permitirá conocer los aportes de Cuba en defensa del medio ambiente, así como intercambiar experiencia...
Lo último
Mujeres en Revolución
Nuris Daylin González Peredo Yanela Ruiz González - Periódico Ahora / Fotos: Alexis del Toro.- En el holguinero municipio de Cacocum las mujeres ocupan los puestos de la mayoría de los cargos de dirección en los fre...
Ver / Leer más
La Columna
Unidad feminista
Gerardo Moyá Noguera*.- En el diario Cubainformación se publica hoy mismo la entrevista a la camarada cubana Luisa Campuzano y dice lo siguiente: "La brecha entre  hombres y mujeres no acaba de cerrarse". Qué gran ...
La Revista