Particiantes de oitenta paises, manifestáronse a prol do reintegro de Guantánamo a Cuba.

Erea del Rio Iglesias (Guantánamo) - Terra sen Amos.- Unha declaración final a prol dun mundo en paz e xustiza marcou a clausura do VIII Seminario Internacional pola Paz e e o Fin das Bases Militares Estranxeiras, celebrado na vila guantanamera de Caimanera, a beira da única fronteira artificial existente en Cuba, imposta polo imperialismo dos EUA en 1903. Sara Román Palmesano,  delegada do Comité de Amigos de Cuba de Cali, Colombia, deu lectura ao manifesto aprobado domingo 5 por 80 participantes de 30 países asistentes ao evento.


O texto demanda o peche das bases e instalacións militares estranxeiras dos EUA e da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en todo o mundo ao tempo que renova a esixencia histórica de devolución do territorio ilegalmente ocupado pola base naval dos EUA en Guantánamo.  Na Declaración referendouse a proclama de América Latina e o Caribe como zona de paz e o compromiso dos pacifistas reunidos no Seminario de denunciar as políticas agresivas e inxerencistas do actual goberno da Casa Branca e dos seus aliados.

Na sesión inaugural, Fernando González Llort, Heroe de Cuba e presidente do ICAP, dixo que nun complexo escenario para as causas xustas do mundo, especialmente na Europa e no Medio Oriente, coa guerra contra  Palestina e o Sahara Occidental, a paz e a soberanía dos pobos son fundamentais. “Existen bases imperialistas espalladas por todo o mundo e cómpre deter o proceso de avance contínuo da OTAN que inza o armamentismo e impide a Paz. O Consello Mundial da Paz (CPM) denuncia e combate as políticas dos EUA e da OTAN.

Iraklis Tsavdaridis, secretario executivo do CPM,  dixo que o Imperialismo dos EUA estaba a servirse de máis de 900 bases militares en todo o mundo, ben delas con cabezas nucleares, e denunciou a relación destas coas bases militares da UE, nomeadamente na expansión en África de novos enclaves militares dos  EUA. Venezuela, Colombia e as Antillas Holandesas, entre outros lugares, viven a ameaza de bases con F-16, activas contra as fronteiras de Nicaragua e Bolivia.

Dende o seu cuartel xeral  en Virxinia, o Tratado do Atlántico Norte apoia golpes de Estado, como o promovido en 2014 en Ucraína. A actual guerra entre Ucraína e a OTAN con Rusia, non comezou no 2022, senón no 2014 coa invasión do Dombas. Rusia e Ucraína viviran en paz durante 70 anos mais a OTAN quixo estenderse a Leste e contou coa axuda da UE. As causas pacifistas sofren acoso hogano e o que está detrás das actuais guerras imperialistas no mundo é a cobiza dos recursos enerxéticos por parte dos países poderosos. Gaza é un Camposanto a ceo aberto e a UE é cómplice nesta guerra dos EUA e de Israel conta Palestina.

A OTAN é o brazo armado do Imperialismo estadounidense, con máis de 900 bases militares funcionando, algunhas delas con oxivas nucleares, das cales o 90% pertencen aos EUA. A Unión Europea tamén dispón de enclaves militares, sobre todo en África. Inzan novas bases dos EUA na Europa, Venezuela, Colombia e as Antillas holandesas, entre outros lugares, con F-16 que atacan Nicaragua e Bolivia, entre outros países.

A OTAN apoia golpes de Estado, como o que aconteceu no 2014 na Ucraína. A actual guerra de Ucraína e a OTAN contra Rusia non comezou no 2022, senón no 2014. Rusia e Ucraína viviron durante 70 anos pacificamente, mais a OTAN determinou ampliar fronteiras e foi apoiada pola UE.

O tenente coronel Manuel Carnonell Vidal, referiuse ao estado actual da presenza militar mundial das potencias imperialistas, con presenza en Aruba, Países Baixos, Illa Ascensión, Reino Unido, Australia, Bahamas, Bosnia Hercegovina, Camerún, Chipre, Ecuador, Estonia, Alemaña, Iraq, Israel, Portugal, Romenia, España e Emiratos Árabes Unidos; as forzas armadas do Reino Unido están en dezaseis países e, pola súa banda, Francia ten presenza militar en catorce países.

Erguer unha Fronte Antiimperialista Mundial

“O Imperialismo quer instalar nas mentes a idea de os Dereitos Humanos e a Democracia seren só realizábeis con eles, cando a realidade proba que é todo o contrario”, dixo Bahman Azad, presidente do United States Peace Council (USPC) que advogou por erguer unha Fronte Antiimperialista Mundial.

Para Gabriel Aguirre de Venezuela, representante de World Beyond War (un mundo para alén da guerra) as bases militares son enclaves do Imperialismo e figuran nunha páxina web que pode consultarse en aberto; a OTAN, ten 56 bases en activo, provistas de abesouros (drons); as bases de Turquía, Alemaña, España e Italia albergan armas nucleares; as últimas en incorporarse á OTAN e abrir bases son Finlandia e Suecia. No entanto, Biden anuncia seu propósito de enviar refuxiados haitianos a Guantánamo.

En nome da organización pro Dereitos Humanos Task Force on the Américas ( grupo de intervención para América) do citado USPC, Roger D. Harris dixo que con Biden inzou a presenza militar en América Latina, por exemplo, en Perú,  Ecuador e na rexión do Caribe.

O estudante palestino Murid Khater , aluno na Escola Latinoamericana de Medicina (ELAN) de Cuba, puxo en relación a guerra contra Gaza, na que está implicado EUA,  co propósito de implicar Ucraína na OTAN para provocar Rusia. Citou a maior exposición do mundo nunha praia dos EUA, usando roupa dos 8.000 nenos palestinos asasinados até esa altura, a longo de 4,8 qm.

No seu relatorio sobre África, Yoslán Silveiro denunciou que o AFRICOM dos EUA ten unha nómina de 7.000 persoas e promove ataques a Somalia, o Sahel ou o Corno de África. As vítimas humanas do imperialismo armado entran no arquivo dos danos colaterais, un procedimento para espallar o terror e incrementar a criminalidade sen que a infamia teña protagonismo na información hexemónica. Para Javier García Llops, membro do Partido Comunista dos Pobos de España compre que o traballador e a traballadora salven a emancipación da manipulación mediante a ética e a promoción dunha Fronte Mundial Antiimperialista.

Na conferencia de Belgrado as nacións participantes concordaran na necesidade do desarme mundial. Pouco despois, Kennedy dixo que a humanidade tiña a obriga inescusábel de pór fin á guerra e meses despois a Unión Soviética propuxo un desarme mais os EUA afogaron a iniciativa. En 1999 a OTAN bombardeou a cidade europea de Belgrado e outros obxectivos civís en Serbia durante 75 días e este bombardeo foi o comezo da violenta expansión da OTAN. “Conmoción e terror” foi o lema da OTAN e os EEUU. En 2022 había 17 bases militares en Suecia e Finlandia que desprezaron o seu compromiso histórico coa neutralidade e contribuiron a incrementar as tensións na rexión ártica contra Rusia, especialmente a partir da guerra de Ucraína.

Ao representate de Suecia, que ilustrou a progresión bélica na Escandinavia,  sucedeu un delegado de Grecia que dixo que a OTAN e a UE forman unha unidade imperialista a través do Ciber-espazo e a Ciber-seguridade; en 2022, en Madrid, China foi declarada unha ameaza para a OTAN e Rusia un inimigo a bater; co actual goberno, Arxentina quer unirse á OTAN e dispor de bases militares; a maior base dos EUA no mundo é a de Kosovo e despois da guerra de Ucraína, están a construír unha aínda maior, en Romenia.

A burguesía grega e o partido Neodemocratia ceban a relación cos EUA; así levan 70 anos na OTAN e 42 na UE e colaboran sempre nas guerras imperialistas para as que en 2024 destinaron o 5% do seu PIB. Grecia ten duas posicións perante a OTAN: a primeira, defendida polos diferentes gobernos burgueses, a prol da instalación de bases militares, como o anterior partido Syriza co que asinaran un acordo para crearen máis de dez bases ; a segunda, procedente dos comunistas, esixe a saída de Grecia da OTAN en defensa da Paz.

A solidariedade con Palestina e o fin da guerra na Ucraína foron os votos cos que abriu a súa intervención a representantes de Chile. A 50 anos do golpe militar promovido polos EUA, executado polo exército nacional e apoiado polos partidos da dereita contra Salvador Allende, lembra a represión sufrida, cuestión que lamentabelmente segue a ser un feito contemporáneo. Os EUA adestran militares estranxeiros e o Comando Sur executa exercicios militares en Chile en bases que serven como campos de adestramento. A xefa do Comado Sur estivo o pasado ano en Chile e manifestou seu interese pola presenza de laboratorios biolóxicos en Perú e en Honduras.

O peche de Guantánamo é moi importante para toda a rexión caribeña, non só para Cuba,  recordou David, do Movemento Caribeño pola Paz. “Neste momento, a primeira nación emancipada de América, Haití, está a defenderse dunha ameaza que a pon en grave perigo, nomeadamente promovida por Canadá. Queren organizar en Barbados un festival contra a masacre dos pobos nativos en Latinoamérica, ao que estará convidada Cuba e o grupo das Bahamas.

O mundo multipolar xa é unha realidade mais non temos paz.

Un delegado do Brasil asegura que dende maio de 2022, a guerra inducida pola reación segue sen solución. A partir da vitoria de Lula, en 2023 Brasil reintegrouse na CELAC, mais a derrota de Rusia na Ucraína representaría un golpe contra os Bricks e China. Gaza é a expresión da ocupación de Palestina, a máis prolongada da historia contemporánea; a man asasina do sionismo debe ser detida mentres o mundo multipolar xa é unha realidade que non implica a Paz: existe o bloqueo contra Cuba e Venezuela e a crise da dereita reflicte a agresividade do Imperio en declive, tanto na Arxentina como no Salvador.

Yul, de Venezuela, incide na loita contra o sistema capitalista, critica a OTAN como cómplice das potencias que traballan por involucraren Europa na crise. O propósito imperial é crear unha OTAN para o Medio Oriente sen considerar que o gasto militar dos EUA está rebordado. Máis de 20 bases militares rodean o territorio venezolano mentres hai quen coida que a Doutrina Monroe pertence ao museo do colonialismo. De feito, os EUA terman por mantela en vigor contra Cuba, Venezuela, Nicaragua, entre outros. A historia do sionismo é a historia roubo da terra de Palestina dende 1948 e da expulsión, tortura e morte dos propietarios históricos desta terra. A creación dun paso marítimoo que atravesaría Gaza é unha alternativa ao canle de Suez.

Hai máis bases militares que países no mundo. Desde 2017 Colombia foi integrada na OTAN que queiras que non e na ONU mandan os  mesmos países que gobernan a OTAN. América Latina e o Caribe ten arredor de 80 bases militares; en 2009 (con Álvaro Uribe) organizacións de Colombia denunciaron a idea de crear bases militares permanentes dentro das propias bases colombianas; hai experiencias históricas (en Malta ou Ecuador) de peches de bases militares. Guantánamo é unha ofensa de máis de 120 anos. Isto di un representante de Colombia que formula as seguintes propostas; afortalar o movemento mundial da Paz e reintegrar Guantánamo ao seu único propietario verdadeiro.  

Ingrid, de Noruega pola Paz e integrante do Partdo Comunista, critica a visión dos conflitos mundiais como temas illados. Mantén que Noruega é actualmente unha colonia dos EUA, coma outros países europeos, partidaria da guerra de ocupación de Siria co fementido argumento de loitar pola democracia. A Guerra Fría nunca rematou. Suecia, Noruega e Dinamarca proporcionaron bases aos EUA contra Rusia e precisamente, Noruega é depósito cobizado polas armas nucleares estadounidenses co que o país idílico e pacífico acorda coma nova fronte contra Rusia, mália Noruega ter prohibida a existencia de bases en tempos de Paz.  O control do Ártico pola OTAN parece entrañar o dereito de usar o seu mar, con xacementos de petróleo, gas… Os EUA coidan que os fondos mariños árticos son deles. Europa-China-Asia son reivindicados como dereito imperial. Queren eliminar Rusia, China e Noruega para que non poidan exportar gas: é o mesmo caso do gasoducto do Báltico.

Para un representante de Vancuver (Canadá) Cuba é sinónimo de internacionalismo, máis unha vez e, no entanto, Guantánamo é a máis antiga base dos EUA. Kirenia Mariño, directora dos Servizos Informáticos de Guantánamo, falou sobre o conceito de Ciber-Guerra e guerra cognitiva. Isto integra tanto a enxeñería cibernética como a informática social e psicolóxica e utiliza a Internet. (Q.Vid: “The Interview” en youtube)  En Cuba, hai máis de 8,4 millóns de utentes de Internet e máis de 6´8 millóns a través de móbeis (Cuba ten 11 millóns de habitantes) co incremento de uso de plataformas de pago como Transfer-Móbil. Existen aplicacións e redes cubanas como ToDus, Picta e Apklis, entre outras, que garanten a ciber-seguridade. Dixo Raul Castro no 2014: “Hai que facer que o ciber-espazo se convirta nun lugar de operacións militares”.

Luis Fidel Escalante, de Porto Rico, lembrou o primeiro ataque terrorista a través dos correos electrónicos que aconteceu en 1998. “Estamos na era dixital e nunha guerra cognitiva e dende 11 de Xullo, Cuba experimenta un aumento de os ciberataques. A Doutrina Monroe segue a ser unha declaración de guerra para o Continente Latinoamericano. Colombia, Brasil e Arxentina teñen relación coa OTAN mais queren acabar con ela de vez.

Contra Cuba
Canal Caribe.- Las medidas adoptadas por la administración Trump, y mantenidas por el presidente Biden en 2022, causaron pérdidas estimadas en más de mil millones de dólares al sector del Turismo en Cuba....
Carlos Rafael Diéguez - Radio Miami Today.- Al habla en VIVO con el periodista José Manzaneda, coordinador de la WebTV Cubainformación, él desde desde el País Vasco o Euskadi. El tema central: las relaciones Cuba Es...
Carlos Fernández de Cossío, Viceministro de Relaciones Exteriores de Cuba. Foto: Ismael Francisco/ Cubadebate....
Lo último
La Columna
La Revista