Terra Sen Amos.- A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, decana das asembleas anti-imperialistas de Galiza, honrará os feitos do 26 de xullo de 1953 no Moncada, nun acto que será diante da estatua de José Martí, entregada en 1989 polo goberno de Cuba ao Concello de Vigo.
Vigo: 26 de xullo aniversario do asalto ao Cuartel Moncada
O recrudecimento do actual Bloqueo imperial contra Cuba, que ven de cumprir 62 anos con perxuizos probados de máis de un billón de dólares, está a recibir anualmente a condena da Asemblea da ONU, proba da universal opinión contraria a inxustiza e ilegalidade na invasion da soberanían dun pequeno pais pola primeira potencia militar do planeta. O programa de intervencións á beira da estatua de Martí na data do 26 comezará ás 20,00 horas cunhas palabras de Erea del Rio Iglesias, presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil .
Luisa Cuevas Raposo presentará o libro Cuba Verdades y Mentiras, argumentario urgente contra la desinformación diaria, editado pola Asociación Euskadi Cuba, prontuario con respostas precisas a 25 recursos de mentira que os altifalantes da información dominante repiten para cebar opinión contraria ao socialismo e a soberania da illa.
O profesor Xacinto Barreiro vai reparar no relato do imperialismo sobre América Latina que soporta unha crónica diaria adulterada. Os feitos do 26 de xullo representan a vontae popular cubana de desprenderse do relato falso e de construiren a xustiza dende a soberania plena.
Ángel Torres, Cónsul de Cuba, pechará o turno de intervencións e cederá o micrófono as cancións e acordes de Tino Baz.