Asociación de Amizade Galeo-Cubana "FRANCISCO VILLAMIL”.- Valentín Alvite, en nome da Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil, ten o pracer de convidarvos a asistir á PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ALFABETIZACIÓN CUBANO YO SÍ PUEDO, un método pedagóxico traducido a varias linguas e utilizado con éxito na instrución de máis de cinco millóns de persoas en diferentes países.
O acto contará coa presenza de Ismael Sánchez, coordinador do programa na cidade de Sevilla, onde actualmente se está impartindo.
Venres 10 de Decembro ás 20 horas
Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, Santiago
Agardando a vosa presenza en dito acto, recibide un cordial saúdo.
Valentín Alvite