A primeira terá lugar en Vigo (abaixo os cartaces) o día 25 ás 19.30 na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27).
A segunda terá lugar en Santiago o día 26 ás 19.30 no Centro Socicultural de Fontiñas.
Ditas conferencias enmárcanse dentro dunha xira que a citada economista vai realizar por diversos lugares do Estado, convidada pola Coordinadora Estatal de Solidariedade con Cuba.
A Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil convida a asistir a estes actos a todas as persoas interesadas en coñecer de primeira man e por medio dunha especialista o proceso de reformas económicas que se está levando a cabo desde o VI Congreso do PCC, celebrado no 2011.