Mar de Lumes - Cubainformación.- Na tarde de onte, 30 de setembro, foi apresentado en Compostela o portal informativo Cubainformación.tv nun acto celebrado na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, organizado pola Liga Estudantil Galega e por Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista.


A apresentación foi realizada por Luisa Cuevas, correspondente e colaboradora do medio e militante internacionalista, que explicou con varios exemplos a política comunicativa do mundo capitalista a respeito de Cuba, baseada na magnificación dos problemas e no silencio absoluto a respeito dos avanzos da Revolución, así como a práctica de utilizar sempre fontes antigobernamentais.

A trintena de asistentes, entre os que tamén se encontraba o cónsul xeral de Cuba, José Antonio Solana, puideron coñecer de primeira man a orixe do proxecto, a súa filosofía comunicativa e a función social que cumpre unha web que, na actualidade, serve como un dos principais pólos aglutinadores da diáspora cubana.

Ademais, Luisa Cuevas explicou a importancia dos medios de comunicación no caso cubano, debido ao bloqueo mediático tamén imposto polos Estados Unidos e os seus aliados e á presenza doutros medios publicados por opositores e financiados por multitude de institucións e organizacións anticubanas, como o famoso Nuevo Herald.


Houbo tempo tamén para un breve coloquio onde as asistentes se interesaron pola situación dos medios de comunicación en Cuba e sobre as acusacións de dogmatismo vertidas contra o goberno popular, o que permitiu departir brevemente sobre a existencia dunha nutrida rede de blogueiros cubanos que vai moito alén da publicitada Yoani Sánchez, tamén financiada polos Estados Unidos e outros lobbies anticubanos.

Solidaridad
El Movimiento Democrático de Mujeres en España (FDIM-España) solicita la exclusión de CUBA de la lista de patrocinadores del terrorismo....
La dirección de la ONG AWON IYAAMI, ubicada en Asturias, nos remite esta declaración....
La Coordinación Nacional de la Asociación Suiza-Cuba ASC/VSC nos hace llegar este comunicado....
Lo último
La Columna
La ruina mileiana sobre Argentina
Sin duda alguna, Javier Gerardo Milei, economista, político y docente, quien asumió la presidencia de Argentina el 10 de diciembre del año 2023, líder de la coalición de partidos políticos La Libertad Avanza,...
La Revista