Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón - Cubainformación.- O pleno de Narón aprobou a moción de Esquerda Unida esixindo o fin do bloqueo a Cuba con 16 votos a favor (EU, TEGA, PSOE, BNG, ELEXIMOS), e 5 en contra (PP).


 

O concelleiro de EU Narón André Abeledo Fernández defendeu a moción coa seguinte argumentación:

"Galicia foi a primeira comunidade que pide formalmente o fin de bloqueo económico a Cuba.

O fixo cunha declaración institucional que foi lida polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices, nunha sesión plenaria que foi seguida desde a tribuna de invitados polo cónsul xeneral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, quen se congratulou por unha decisión a que definiu como «transcendental», tras remarcar os «vínculos históricos, culturais e de sangue» que guían as relacións cubano-galaicas.

A Cámara galega entendeu que se trata dunha «expresión contundente» en favor do fin do embargo, o que a comunidade galega se quérese sumar para mostrar o seu «compromiso e cercanía polos vínculos fraternais» que nos unen a Cuba.

Desde Esquerda Unida de Narón queremos engadir que este embargo ilegal e polo tanto criminal levado acabo por EEUU durante décadas ten que rematar canto antes por varios motivos.

Porque todos os organismos internacionais así o esixen, é un embargo inxustificable que nin sequera sufriu Vietnam a pesar de que alí morreron miles de Norteamericanos nunha desas moitas guerras para impoñer os pobos os designios de Wassintong, tamén porque a desculpa de defender a liberdade non é crible cando ven dun goberno amigo de brutais ditaduras como a de Arabia Saudí que decapita a persoas nas rúas, lapida mulleres, e aforca a disidentes nas prazas publicas, ou gobernos como o da monarquía sátrapa de Marrocos que desoe as resolucións internacionais e nega o dereito de autodeterminación o pobo saharauí mentres o tortura, resolucións internacionais que tamén desoe o único pais do mundo que ademais de EEUU apoia que continúe o embargo a Cuba, Israel que continua masacrando o pobo palestino con total impunidade.

Por todos estes motivos, polos lazos que unen o pobo galego co pobo cubano, por xustiza, e tamén en apoio a declaración institucional aprobada pola Xunta de Galicia pedimos o voto favorable a esta moción que esixe o fin do bloqueo a Cuba.

En varios concellos galegos xa se presentaron mocións neste senso, ata no Parlamento Galego onde foi aprobada por unanimidade unha resolución polo fin do inxusto e ilegal bloqueo a Cuba que so trouxo sufrimento a este pobo irmán.

Texto da Moción:

A Resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, concluíu con 191 países a favor da Resolución e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.

As medidas promulgadas ata o momento pola Casa Branca deron mostras do seu limitado alcance e o moito que aínda se pode facer para modificar substancialmente a aplicación do bloqueo.

Actualmente esta inxusta política continúa afectando a  todas as áreas da vida económica, social e cultural do pobo cubano restrinxindo as posibilidades económicas de Cuba e lastrando o seu futuro.

O seu carácter extraterritorial, mostra como esta política viola con total impunidade o Dereito Internacional e en particular o principio de igualdade  soberana dos Estados consagrado na Carta das Nacións Unidas.

No seo da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, durante 23 oportunidades consecutivas, unha abrumadora maioría de Estados recoñeceu o bloqueo contra Cuba como unha política absurda, ilegal e moralmente insostíbel.

A recente visita do Presidente, Barak Obama a Cuba debe supor un pulo para as relacións diplomáticas entre ambos países, co fin de levantar o embargo."

ACORDOS:

1.- Demandar dos EE.U. de América o levantamento do embargo a Cuba.

2.- Se remita este acordo ao Parlamento de Galicia e ao Consulado de Cuba en Galicia.

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Declaración institucional contra Bloqueo a Cuba en Oleiros (Coruña)

Marga Figueroa, Concelleira de Cooperación internacional, Recursos Humanos e Participación cidadá del municipio de Oleiros nos hace llegar la siguiente declaración presentada por el goberno municipal regentado por Alternativa dos veciños y aprobada en el pleno del pasado jueves.

OLEIROS: DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLA QUE SE REXEITA E CONDENA O BLOQUEO DOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA A CUBA

A Deputación da Coruña celebra a reanudación das relacións diplomáticas entre os Estados Unidos de América e a República de Cuba, condenando, así mesmo, o bloqueo económico do Goberno estadounidense e esixindo a súa fin.

O 17 de decembro de 2014 o Presidente Barack Obama e o Comandante Raúl Castro Ruz anunciaban simultaneamente o reinicio de relacións diplomáticas entre Cuba e Estados Unidos logo de máis de 50 anos de bloqueo económico impulsado desde os Estados Unidos co obxectivo de debilitar e destruír as bases da Revolución Cubana.

Logo de movementos de achegamento por ambas partes, como a liberación definitiva dos Cinco por parte dos Estados Unidos no ano 2014, constituíuse unha Comisión Bilateral como un mecanismo de seguimento ao avance nas devanditas relacións, reflectido coa visita do Presidente Barack Obama a Cuba neste ano 2016.

Pero a pesar destes avances, algúns dos acordos entre ambos países seguen a ser violados, como a Lei de Axuste Cubano, a política de Pés secos, pés mollados e o Programa PAROLE para o persoal da saúde. Ata o momento, Estados Unidos négase a poñer fin a estas prácticas, e nin o peche da prisión de Guantánamo nin a fin do embargo económico semellan ser unha prioridade para a Administración Obama.

Cuba, como parte agraviada, esixe lexitimamente a compensación polos danos causados como resultado de atentados contra sectores estratéxicos da produción nacional, alicerces da economía cubana que xeraron ao país millonarias perdas, ademais das ocasionadas tras 55 anos de bloqueo.

A nivel internacional, a Resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de por fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba” concluíu con 191 países a favor da mesma. Os únicos países que votaron en contra foron Estados Unidos e Israel. Non houbo abstencións. Esta Resolución foi unha expresión contundente de que todos os gobernos e pobos do mundo lle solicitan aos Estados Unidos que levanten o inhumano embargo a este país e, ao mesmo tempo inicie un diálogo real para a devolución da base militar de Guantánamo ao pobo de Cuba.

A normalización non implica a ausencia de conflito ideolóxico, senón a existencia de espazos de cooperación entre países veciños, onde se poida poñer fin á lóxica dominación -hexemonía, tan dicotómica como histórica e se inicie un período de paz e prosperidade para un pobo que leva máis de medio século sufrindo os resultados dun embargo tan inxusto como ilegal.

Solidaridad
Cubainformación.- Les ofrecemos a continuación la grabación íntegra, editada, de la mesa redonda titulada “Cuba hoy: mujeres que rompen Bloqueos” que, el pasado 11 de mayo de 2024, se desarrolló en la Ku...
Caracas, 14 may (Prensa Latina) El Grupo de Amigos en Defensa de la Carta de la ONU exigió levantar de inmediato el bloqueo de Estados Unidos contra Cuba y a excluirla de la arbitraria y unilateral lista de naciones patrocinadoras del terroris...
Ciudad de Panamá, 14 may (Prensa Latina) El gobierno de Panamá donó hoy a Cuba medicamentos e insumos médicos como gesto de amistad con su pueblo y en respaldo a los servicios sanitarios de la mayor de las Antillas. El ac...
Lo último
La Columna
La Revista