Cubainformación.- No marco da xira estatal organizada polo MESC (Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba) e convidada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Claudia Bernal Estrada, especialista en Comercio Exterior do Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía (CIGB) participou en dúas palestras (Vigo e Santiago) e un encontro con investigadoras e investigadores na Universidade de Vigo.


"Cuba, ciencia y salud pública frente al bloqueo de EEUU": gira de Claudia Bernal Estrada por el Estado español, octubre 2023 (Convocatorias y materiales)

Na palestra de Vigo, ante persoas asociadas e simpatizantes, Claudia falou do que é o CIGB e das consecuencias do bloqueo no desenvolvemento da investigación e a produción de medicamentos e vacinas.

Informouse tamén das diferentes campañas e accións que a asociación desenvolve na loita contra o bloqueo especialmente da concentración que se levará a cabo coincidindo coa votación na ONU contra o bloqueo, do Tribunal Internacional que se reunirá no mes de novembro en Bruxelas e da campaña de venda de café e azucre cubanos.

En Santiago, as principais organizacións, sindicais, políticas, culturais e internacionalistas da cidade: BNG, PCG, PCRG, MOVEMENTO ARREDISTA, AGORA GALIZA,  CIG, CUT, VÍA GALEGA, FUNDACIÓN MONCHO REBOIRAS, ASOCIACIÓN CULTURAL O GALO,  MAR DE LUMES, así como destacados e destacadas militantes da solidariedade, e outras organizacións que xustificaron a súa ausencia, responderon na mañá do sábado ao chamado da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” participando nun encontro-coloquio coa xoven enxeñeira cubana Claudia Bernal no que se expuxeron os logros da investigación científica que Cuba, pese a un bloqueo criminal que dura xa máis de 62 anos, continúa realizando para asombro de moitos países capitalistas de Europa e do mundo.

No trancurso da exposición e posterior debate, as persoas asistentes pecharon filas con Cuba e a súa Revolución e comprometéronse a reforzar a loita contra o bloqueo coincidindo coa próxima votación de condena que terá lugar en breve nas Nacións Unidas.

Por outra parte, o 6 de outubro, día no que Claudia iniciou a xira en Vigo, tivo lugar un encontro na Universidade de Vigo no que participaron persoas de diversos grupos de investigación no campo da inmunoloxía, biorecuperación de solos afectados pola minería, biomedicina, agroecoloxia, industria alimentar, piscicultura, farmacoloxía e cosmética, tratamentos oncolóxicos, nanomateriais, etc.

Por parte de Cuba, Claudia explicou o traballo do CIGB que cubre estes campos e que dispon do ciclo completo de investigación, desenvolvemento, produción e comercialización de produtos de alto valor para a saúde humana e animal asi como no campo agroalimentar, conformando con outras entidades o grupo BioCubaFarma que conta cun cadro de persoal de 21.000 persoas, das cales 3.000 son doutoras. Detallou as patentes das que xa dispoñen, as liñas de investigación e os países nos que xa se comercializan os seus produtos.

Finalmente, por ambas partes, manifestouse interese por formalizar futuras colaboracións entre as dúas entidades.

Vigo

Vigo

Vigo

Santiago

Santiago

Solidaridad
Caracas, 14 may (Prensa Latina) El Grupo de Amigos en Defensa de la Carta de la ONU exigió levantar de inmediato el bloqueo de Estados Unidos contra Cuba y a excluirla de la arbitraria y unilateral lista de naciones patrocinadoras del terroris...
Ciudad de Panamá, 14 may (Prensa Latina) El gobierno de Panamá donó hoy a Cuba medicamentos e insumos médicos como gesto de amistad con su pueblo y en respaldo a los servicios sanitarios de la mayor de las Antillas. El ac...
Lo último
Celia, todo detalle
Monumento a Celia Sánchez Manduley en Manzanillo Marilys Suárez Moreno - Revista Mujeres.- Media Luna, tierra bañada por las aguas del Golfo de Guacanayabo y patria chica de Celia Esther de los Desamparados Sánchez Mandule...
Ver / Leer más
La Columna
La Revista