Jeanette Regueiro – Terra sen Amos / Bruxelas.- O tribunal internacional constituído en Bruxelas para tratar do bloqueo estadounidense contra Cuba pronunciou hoxe sexta feira 17, unha sólida sentenza na que establece que a intervención de sucesivos gobernos de Washington contra a illa dende 1962, viola o Dereito Internacional,  transgrede normas universais de convivencia e pode constituir delicto de Xenocidio.


Tribunal Internacional contra el Bloqueo a Cuba: Bruselas, 16 y 17 de noviembre de 2023 (Todas las informaciones y materiales)

O fallo determina que o cerco económico, comercial e financeiro imposto por sucesivos titulares da Casa Branca, transgrede a Carta da ONU, que consagra o principio de soberanía, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e os acordos da Organización Mundial de Comercio, entre outras.

Logo de escoitar as alegacións da Fiscalía e as testemuñas sobre o dano humano e económico do bloqueo, o tribunal lembrou que os gobernos dos EUA aplican este sistema unilateral coercitivo dende hai máis de 60 anos sen interrupción, con dano para as condicións de vida de todo un pobo e frustración constante dos seus obxectivos razonábeis de progreso.

A deputada do BNG Ana Miranda, integrada no Grupo dos Verdes, encomiou o prolongado labor de solidariedade da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil ao tratar do respaldo internacional a Cuba bloqueada. Na foto superior, Ana (segunda pola esquerda) a beira de compañeiras e compañeiros do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea no Parlamento de Bruxelas

O ditame precisa o alcance extraterritorial do bloqueo e o seu agravamento por causa da inclusión de Cuba nunha arbitraria lista de Patrocinadores do Terrorismo, establecida contra todo dereito polo goberno de Washington. O respectado xurista alemán Norman Peach, dixo que o bloqueo violaba o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, de 1966. Cita a Convención de 1948 para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio, na conxectura de a hostilidade de Washington e o seu empeño en causar un sistemático dano colectivo encaixaren neste crime. A sentenza insta ao goberno dos EUA a cesar no bloqueo contra Cuba e compensar empresas e cidadania damnificada.

O presidente do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos, Fernando González, agradeceu a eurodeputados e entidades promotoras do Tribunal a sua participación no foro. Nunha rolda de prensa conxunta, González e a eurodeputada Sandra Pereira, coidaron que malia a decisión dos xuíces carecer de condición legal vinculante, representa un valioso instrumento para continuar a loita polo fin do bloqueo, nomeadamente pola precisión e autoridade dos argumentos, e polos fidedignos testemuños e probas achegados durante o proceso, de parte de Cuba, Europa e os EUA.

A iniciativa do Tribunal contra o Bloqueo nace nas bancadas de Esquerda no Parlamento Europeo, co apoio de organizacións como A Esquerda, a Asociación Internacional de Xuristas Demócratas, a Rede de Advogados Demócratas de España, organizacións sindicais europeas, o extenso movemento de solidariedade con Cuba e as asociacións de cubanos residentes no exterior. De promover a iniciativa ocupáronse mulleres e homes de diferentes partidos de esquerda dentro do ente lexislativo, en nome dos países que representan. Dos EUA participaron o Gremio Nacional de Avogados, a Conferencia Nacional de Avogados Negros e a rede de solidariedade con Cuba.

Xuices e fiscais do tribunal analizaron testemuños de cubanos, cidadáns europeos e estadounidenses, vítimas do bloqueo en áreas coma a saúde, a cooperación internacional, as comunicacións e a esfera empresarial, entre outras.

A deputada do BNG Ana Miranda, integrada no Grupo dos Verdes, citou o prolongado labor de solidariedade da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francissco Villamil, que neste ano celebra o seu 40 aniversario en defensa de Cuba e contra o bloqueo imperialista. Manu Pineda, do Grupo Confederal de la Izquierda Unitaria Europea/Izquierda Verde Nórdica (GUE-NGL) Sandra Pereira, do Partido Comunista Portugués, Clare Daly, de Independentes de Irlanda, e Leila Chaibi, de Francia Insumisa, trataron con Miranda do dano causado polas medidas de bloqueo, a súa extra-territorialidade, e as posicións da Unión Europea ao respecto; Homero Acosta Álvarez, secretario da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba, expuso a situación actual no pais bloqueado e reparou nos danos causados polo ilegal cerco no pobo e na economía do país.

Na reunión interviron asemade os europarlamentarios italianos Maximiliano Smeriglio, Andrea Cozzolino, Pietro Bartolo e Dino Guiarrusso que condenaron a inclusión de Cuba na ilegal lista de Washington, de países patrocinadores do terrorismo e prestaron atención ás potencialidades de relación en sectores como a saúde, a educación e as áreas da alimentación e da ciencia aplicada.

O Secretario da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba reuniuse posteriormente co vicepresidente do Parlamento Europeo, Marc Angel. A defensa do multilateralismo e da cohesión social foi un dos temas analizados neste encontro no que o dirixente cubano fixo reconto das consecuencias do brutal ataque dos EUA  contra a soberanía de Cuba. 

A beira dos deputados cubanos Tamara Valido Benítez, presidenta da Comisión de Atención aos Servizos, de Luis Morlote Rivas, vicepresidente da Comisión de Educación, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, e de Fernando González Llort, Heroe da República de Cuba e presidente do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP), Acosta lembrou que este asunto concreto é o que maior atención recibe dende hai anos de parte da Asemblea das Nacións Unidas. Lembou que non hai un sector nin área social, económica, produtiva ou de servizos que non estea impactado polo bloqueo norteamericano que ten coma único propósito extraviar e subverter o proxecto humanista, de igualdade e xustiza social, construído democrática e soberanamente por Cuba.

Dixo que o vil e doloso propósito de privar ao pobo cubano de recursos indispensábeis para a sua vida, tipifica o delito de xenocidio, segundo a Convención Internacional de 1948 que prevén e sanciona esta grave ameaza e os seus efectos que trascenden a todo o mundo. Logo de resumir con exempros concretos as afectacións do bloqueo durante a alarma da pandemia,  Homero Acosta recordou que Joe Biden mantivo en todo as infames medidas do seu antecesor e aplicounas con idéntico rigor inquisitorial.

En nome dos científicos cubanos, Belinda Sánchez relatou o efecto do bloqueo económico norteamericano. Dende a experiencia de máis de 30 anos de traballo no Centro de Inmunología Molecular, fixo reconto da derrama causada polo bloqueo na institución consagrada ao desenvolvemento e produción de medicamentos innovadores e bio-similares para tratar o cancro, con detalle nas afectacións da xestión loxística, obrigada a contratar a terceiros os reactivos e materiais necesarios para a investigación científica e a produción.

En representación dos xuristas cubanos, Yamila González Ferrer referiu os danos causados por máis dunha trintena de leis, ordes executivas e recursos perniciosos varios que constituen a proba de ningún bloqueo foi ter sido tan abarcador, brutal e xenocida contra un pobo como o que EUA concentra contra Cuba.

Reparou Luis Morlote Rivas, presidente da UNEAC, nos perxuizos do bloqueo no campo da cultura, o seu efecto distanciador sobre a poboación e a disuasión que produce en artistas internacionais interesados en Cuba.

Solidaridad
Cubainformación.- En la Festa Roja del Partit Comunista del País Valencià - PCPV, el  sábado 11 de mayo, a partir de las 12h., se realizará una mesa redonda expositiva sobre las conclusiones del Tribunal Intern...
Manolo de los Santos, líder del Foro de los Pueblos, señalado por la policía y los medios de comunicación. The People´s Forum es una de las organizaciones que nuclean el movimiento de solidaridad con Cuba en EEUU y q...
Uno de los firmantes, el seis veces premiado con el Grammy Arturo O’ Farrill....
Lo último
"Rapsodia al Son": Yosander y Agranel
Yosander y Agranel.- Agranel est un groupe musical et artistique cubain, créé dans la municipalité du Cotorro, à La Havane. Il est inscrit au catalogue de l’entreprise musicale Ignacio Piñeiro et est membre de...
Ver / Leer más
La Columna
La Revista