Consulado Xeral de Cuba en Galiza e Radio Rebelde - PCPG.- Con motivo do aniversario 159 do natalicio de José Martí, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e o Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela organizaron un acto o pasado día 28 de xaneiro ante o monumento ao prócer da independencia cubana, nos Xardíns de Montero Ríos en Vigo.

 

Militantes da asociación de amizade galego-cubana "Francisco Villamil" e doutras organizacións políticas e sociais de Galicia participamos no tributo ao Mestre, así como o Cónsul Xeral de Arxentina e a Cónsul Segunda de Venezuela, os integrantes do Consulado de Cuba en Galiza e outros cubanos.

Valentín Alvite, Presidente da Asociación “Francisco Villamil” pronunciou as palabras iniciais, nas que puxo de relevo a personalidade de José Martí e a importancia das súas ideas políticas e revolucionarias. Posteriormente deu lectura a unha mensaxe enviada para o acto polo Dr. Armando Hart Dávalos, Director da Oficina do Programa Martiano, no que resalta que en Martí “...sintetízase de modo exemplar unha longa lexión de herois, próceres e pensadores dun século de feitos e ideas que revelan o carácter singular do proceso cubano e sitúano como a continuidade histórica da epopeia independentista da nosa América”.

Sinala Hart que o máis universal dos cubanos representa a cúspide máis alta do pensamento no século pasado e nel ten Fidel Castro fundamentos históricos e unha das raíces do seu xenio e das vitorias da súa culta política.

Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral de Cuba pronunciou as palabras centrais do acto, nas que resaltou a figura do Heroe Nacional e a súa grandeza trascendental para a historia de Cuba, de América e o mundo.

Concluíu as súas palabras enviando unha mensaxe aos Cinco Herois presos e secuestrados en EEUU destacando que, como dixese Martí, trincheiras de ideas valen máis que trincheiras de pedras.

Solidaridad
Cubainformación.- Intersindical Solidaria y STEPV-IV se suman a la campaña solidaria con Cuba para apoyar proyectos en la isla junto a brigadistas del País Valencià contra el bloqueo de EEUU y por el intercambio cultural, ...
Claudia González, acompanyada de dos representants de la Taula per la Salut. Fotos: Laura Grau....
Última Hora, diario de las Islas Baleares, entrevista a Bartolomé Sancho, periodista balear residente en La Habana desde hace décadas y columnista en Cubainformación....
Lo último
La Columna
La Revista