Mar de Lumes, Comité Galego de Solidariedade Internacionalista - Cubainformación.- Este 28 de novembro, sexta feira, celebraremos en Pontevedra un acto de homenaxe ao combatente galego-cubano Pedro Trigo, que tivo unha importante presenza no asalto ao cuartel Moncada durante a Revolución de Cuba. Pedro Trigo e o seu irmán Xulio — tristemente falecido na acción — foron dous dos galegos que, emigrados en Cuba, se uniron ao pobo cubano na súa loita contra o imperialismo norteamericano e polo socialismo. 


O acto, que se celebrará na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (eis o evento nas redes sociais), a carón da Alameda, terá o seguinte programa:

18h00: Proxección do documentario Fuimos el inicio — Recuerdo del asalto al Moncada.

19h30: Palestra sobre a situación con Pedro Trigo e intervención do cónsul de Cuba, José Antonio Solana.

Finalmente, trasladarémonos á Adega dos Avós para unha cea-homenaxe a partir das 22h00. Para asistir á cea, é necesario reservar prazas, enviando un correo co nome das persoas que acudirán, a calquera dos seguintes

 

enderezos: mardelumes@gmail.com oucontacto@mardelumes.org

Solidaridad
Cubainformación.- Intersindical Solidaria y STEPV-IV se suman a la campaña solidaria con Cuba para apoyar proyectos en la isla junto a brigadistas del País Valencià contra el bloqueo de EEUU y por el intercambio cultural, ...
Claudia González, acompanyada de dos representants de la Taula per la Salut. Fotos: Laura Grau....
Última Hora, diario de las Islas Baleares, entrevista a Bartolomé Sancho, periodista balear residente en La Habana desde hace décadas y columnista en Cubainformación....
Lo último
La Columna
La Revista