As esposas de dous dos cinco cubanos presos, condenados por espionaxe, buscan apoios e denuncian que a Administración norteamericana lle denega os visados para poder visitalos

Bloque Nacionalista Galego.- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, reuniuse hoxe coas esposas de dous dos cinco cubanos presos en Estados Unidos desde hai once anos, desde 1.998, e condenados por espionaxe.


Adriana Pérez e Olga Salanueva, esposas dos presos Gerardo Hernández e René González, están a manter diversos contactos con grupos políticos e institucións a fin de recabar apoios e lograr finalmente a liberación dos cinco presos cubanos.

As familias denuncian que “os cinco” están presos sen probas

Ambas mulleres explicaron ao BNG a situación pola que atravesan “os cinco” tal e como se lles coñece a nivel internacional. Gerardo Hernández, René González, Ramón Labañino, Fernando González e Antonio Guerrero, foron detidos en 1.998 e condenados por un  Tribunal de Miami en 2001 a penas de cadea perpetua por espionaxe.
Actualmente, un deles segue con cadea perpetua, e aos outros 4 se lles revisaron os casos, mais manteñen condenas de máis de 20 anos de cárcere.

Os cinco eran axentes cubanos pero buscaban impedir actos terroristas contra Cuba e non atentar contra a seguridade nacional de EE.UU. Levan tempo demandando a revisión dos casos pois denuncian que “as condenas non están probadas, e se basan en consideracións subxectivas sen aportar probas de espionaxe”. Cualificaron as detencións de “arbitrarias”.

A Administración norteamericana denega os visados ás familias para visitar aos presos

Incluso, explicaron á deputada do BNG, téñense producido casos similares en  territorio norteamericano e se lles aplicou só un ano e medio de prisión. As mulleres dos presos denunciaron tamén que a Administración norteamericana lles está a denegar visados para poder visitar aos presos, algo que conculca “os dereitos fundamentais básicos”.

O obxectivo dos familiares “dos cinco” é recabar apoios a fin de poder lograr a liberación dos presos, e mentras, a consecución de visados para poder visitalos.
 
 
Solidaridad
Roma, 22 abr (Prensa Latina) El Héroe de la República de Cuba, Ramón Labañino, se reunió hoy en la Embajada de su país en Roma con miembros de grupos de solidaridad y de la comunidad de nacionales de la isla ...
Ciudad del Vaticano, 15 abr (Prensa Latina) El Héroe de la República de Cuba Ramón Labañino se reunió en el Vaticano con el cardenal Francesco Coccopalmerio, presidente emérito del Pontificio Consejo para los...
Roma, 13 abr (Prensa Latina) El Héroe de la República de Cuba, Ramón Labañino, participó hoy aquí en un emotivo acto organizado por agrupaciones solidarias con la nación caribeña, donde agradeci...
Lo último
La Revista